2. Novidades en Debian 13
The Wiki has more information about this topic.
2.1. Arquitecturas compatibles
As seguintes arquitecturas teñen compatibilidade oficial para Debian 13:
32-bit PC (
i386
) and 64-bit PC (amd64
)64-bit ARM (
arm64
)ARM EABI (
armel
)ARMv7 (EABI hard-float ABI,
armhf
)little-endian MIPS (
mipsel
)64-bit little-endian MIPS (
mips64el
)64-bit little-endian PowerPC (
ppc64el
)IBM System z (
s390x
)
- Baseline bump for 32-bit PC to i686
The 32-bit PC support (known as the Debian architecture i386) now requires the "long NOP" instruction. Please refer to Baseline for 32-bit PC is now i686 for more information.
Pode obter máis información sobre o estado da adaptación e información específica a cada adaptación nas páxinas sobre as arquitecturas de Debian.
2.2. Áreas do arquivo
As seguintes áreas do arquivo, mencionadas no Contrato Social e na Política de Debian, son bastante antigas:
main: a distribución de Debian;
contrib: paquetes extra preparados para que funcionen co resto da distribución de Debian, pero que precisan de programas de fora da distribución para funcionar ou compilar;
non-free: paquetes extra pensados para que funcionen co resto da distribución de Debian, pero que non son compatibles coas DFSG ou teñen algún outro problema que dificulta a súa distribución.
Tras aprobarse a Resolución Xeral de 2022 sobre «firmware» non libre o punto 5 do Contrato Social foi modificado, engadíndoselle o seguinte texto:
Os discos oficiais de Debian poderán incluír "firmware" de fora do sistema Debian para permitir o uso de Debian cos dispositivos que así o precisen.
Isto inda non aparece no Contrato Social nin na Política de Debian, pero engadiuse unha nova área do arquivo. Isto permite separar o «firmware» non libre do resto de paquetes non libres:
non-free-firmware
A maioría dos paquetes con «firmware» non libre xa foron trasladados de non-free
a non-free-firmware
, en preparación do lanzamento de Debian 13. Esta separación permite crear imaxes de instalación oficiais con paquetes de main
e non-free-firmware
, sen ter que activar contrib
nin non-free
. Isto tamén permite instalar sistemas con estas imaxes, e solo activar main
e non-free-firmware
, sen contrib
nin non-free
.
Consulte Os compoñentes non-free e non-free-firmware para máis información sobre actualizacións dende bookworm.
2.3. Que novidades hai na distribución?
Esta nova versión de Debian volve a ter moitos máis programas ca en bookworm; a distribución inclúe máis de 11294 paquetes novos, chegando a un total de 59551 paquetes. A maioría dos programas na distribución están actualizados: máis de 42821 paquetes, o 72% dos paquetes de bookworm. Ademais, un gran número de paquetes (máis de 9519 paquetes, 16% dos paquetes en bookworm) foron eliminados da distribución por cadansúa razón. Estes paquetes non terán máis actualizacións e serán marcados coma «obsoletos» nos clientes de xestión de paquetes. Véxase Paquetes obsoletos.
2.3.1. Ambientes de escritorios e paquetes famosos
Debian volve a ofrecer varios ambientes e aplicacións de escritorio. Inclúense o ambiente de escritorio GNOME 43, KDE Plasma 5.27, LXDE 11, LXQt 1.2.0, MATE 1.26, and Xfce 4.18.
As aplicacións de produtividade tamén foron actualizadas, xunto cos programas de ofimática:
LibreOffice foi actualizado á versión 7.4;
GNUcash foi actualizado á versión 4.13;
Esta actualización inclúe as actualizacións dos seguintes programas, entre outros:
Paquete |
Versión en 12 (bookworm) |
Versión en 13 (trixie) |
---|---|---|
Apache |
2.4.54 |
2.4.57 |
Bash |
5.1 |
5.2.15 |
BIND DNS Server |
9.16 |
9.18 |
Cryptsetup |
2.3 |
2.6 |
Emacs |
27.1 |
28.2 |
Exim default e-mail server |
4.94 |
4.96 |
GNU Compiler Collection as default compiler |
10.2 |
12.2 |
GIMP |
2.10.22 |
2.10.34 |
GnuPG |
2.2.27 |
2.2.40 |
Inkscape |
1.0.2 |
1.2.2 |
the GNU C library |
2.31 |
2.36 |
Imaxe do núcleo Linux |
series 5.10 |
series 6.1 |
Conxunto de ferramentas LLVM/Clang |
9.0.1 e 11.0.1 (por omisión) e 13.0.1 |
13.0.1 e 14.0 (por omisión) e 15.0.6 |
MariaDB |
10.5 |
10.11 |
Nginx |
1.18 |
1.22 |
OpenJDK |
11 |
17 |
OpenLDAP |
2.4.57 |
2.5.13 |
OpenSSH |
8.4p1 |
9.2p1 |
OpenSSL |
1.1.1n |
3.0.8 |
Perl |
5.32 |
5.36 |
PHP |
7.4 |
8.2 |
Postfix MTA |
3.5 |
3.7 |
PostgreSQL |
13 |
15 |
Python 3 |
3.9.2 |
3.11.2 |
Rustc |
1.48 |
1.63 |
Samba |
4.13 |
4.17 |
Systemd |
247 |
252 |
Vim |
8.2 |
9.0 |
2.3.2. Traducíronse máis páxinas do manual
Grazas ao traballo dos tradutores a documentación en formato man
está dispoñible en máis idiomas ca nunca. A modo de exemplo, moitas páxinas do manual xa están dispoñibles en checo, danés, grego, finlandés, indonesio, macedonio, noruegués (bokmål), ruso, serbio, sueco, ucraíno e vietnamita, e todas as páxinas do manual de systemd xa están dispoñibles en alemán.
To ensure the man
command shows the documentation in your language
(where possible), install the right manpages-lang package and make sure
your locale is correctly configured by using
# dpkg-reconfigure locales
.
2.3.3. Novas da Mestura Debian Med
Engadíronse novos paquetes no campo da medicina e das ciencias da saúde, como adoita ocorrer nas novas versións. O paquete shiny-server merece unha mención especial, por que permite simplificar aplicacións web científicas usando R
. Tamén mantemos o sistema de Integración Continua para os paquetes mantidos polo equipo de Debian Med.
O equipo de Debian Med está encantado de escoitar as opinións dos usuarios, especialmente no sentido de peticións de empaquetado de programas libres que non foran xa empaquetados, ou tamén peticións para copiar melloras de novos paquetes ou versións máis novas dos mesmos.
Para instalar os paquetes mantidos polo equipo Debian Med instale os metapaquetes chamados med-*
, na versión 3.8.x en Debian bullseye. Bótelle unha ollada as tarefas de Debian Med para ver un listado completo dos programas de temática médica e biolóxica dispoñibles en Debian.
2.3.4. Novas da Mestura Debian Astro
Debian bookworm inclúe a versión 4.0 da Mestura Pura Debian Astro, que segue sendo unha gran ferramenta todo en un para astrónomos profesionais, aficionados e calquera que estea interesado na astronomía. Actualizáronse case todos os paquetes de Debian Astro, pero tamén hai algúns paquetes novos.
Para os radioastrónomos agora se inclúe o interferómetro libre openvlbi. Tamén se inclúen os novos paquetes para xuntar imaxes e resolución astronómica astap e planetary-system-stacker. Inclúense ademais moitos controladores e bibliotecas que usan o protocolo INDI.
Tamén se inclúen os novos paquetes afiliados a Astropy python3-extinction, python3-sncosmo, python3-specreduce, e python3-synphot, xunto cos paquetes creados sobre python3-yt e python3-sunpy. Mellorouse a compatibilidade de Python co formato ASDF, e estendeuse a compatibilidade cos formatos ECSV e TFCAT ao incluír bibliotecas no ecosistema Java, principalmente para usarse con topcat.
Vexa a páxina da Mestura Astro para unha lista máis completa e para obter máis información.
2.3.5. Arranque Seguro en ARM64
trixie engadiu compatibilidade co Arranque Seguro de ARM64. Os usuarios que teñan placas de ARM64 con UEFI poderán activar o Arranque Seguro e aproveitar as vantaxes en seguridade que ofrece. Asegúrese de que os paquetes grub-efi-arm64-signed e shim-signed están instalados, active o Arranque Seguro e reinicie para usar o sistema co Arranque Seguro activado.
A Wiki ten máis información sobre como usar e arranxar o Arranque Seguro.