4. Actualizar dende Debian 12 (bookworm)

4.1. Prepararse para a actualización

Suxerímoslle que antes de actualizar tamén lea a información en Problemas a ter en conta con trixie. Ese capítulo trata os problemas que se poden atopar e que non están directamente relacionados co proceso de actualización, pero que de todas formas poden ser importante coñecelos antes de comezar.

4.1.1. Faga copias de seguridade dos seus datos e configuracións

Antes de actualizar o seu sistema recomendámoslle que faga unha copia de seguridade completa, ou polo menos faga copias de seguridade dos seus datos e configuracións que lle sexan imprescindibles. As ferramentas e procesos de actualización son bastante fiables, pero se lle ocorre algo ao ordenador no medio dunha instalación pode quedar cun sistema moi danado.

Ao facer as copias de seguridade ocúpese primeiro dos contidos de /etc, /var/lib/dpkg, /var/lib/apt/extended_states e a saída de:

$ dpkg --get-selections '*' # (the quotes are important)

Se usa aptitude``para xestionar os paquetes do sistema tamén terá que facer copias de ``/var/lib/aptitude/pkgstates.

O proceso de actualización en si non modifica nada do cartafol /home. Porén, algunhas aplicacións (p.e partes da suite de Mozilla e os ambientes de escritorio GNOME e KDE) poden sobrescribir as configuracións de usuario existentes con valores por omisión cando se inicia por primeira vez unha versión. Como precaución, debería facer unha copia de seguridade dos ficheiros e cartafoles ocultos ("ficheiros punto") no cartafol propio de cada usuario. Esta copia de seguridade pode axudar a restaurar ou recrear as configuracións previas. Tamén lles debería informar aos usuarios disto.

Calquera operación de instalación de paquetes deberase executar con permisos de superusuario, polo que acceda coma root, usando su ou sudo para ter os permisos necesarios.

A actualización ten algunhas precondicións; deberíaas consultar antes sequera de comezar a actualización.

4.1.2. Informe aos usuarios con tempo

É boa idea informar a todos os usuarios antes de tempo de calquera actualización que planee, inda que os usuarios accedendo a través de ssh non debería decatarse dos cambios, e deberían poder traballar sen problemas.

Se quere ser máis cautelosos, faga copias de seguridade ou desmonte a partición /home antes de actualizar.

O núcleo actualizarase cando se actualice a trixie, polo que terá que reiniciar. Normalmente isto faise despois de que remate a actualización.

4.1.3. Prepárese para desconectar os servizos

Poden haber servizos ofrecidos polo sistema que están asociados cos paquetes que están incluídos na actualización. Se isto é así os servizos se pararán durante a actualización mentres o paquete correspondente é substituído e configurado. Durante este tempo estes servizos non estarán dispoñibles.

O tempo exacto que tarde o sistema en estar operativo dependerá do número de paquetes a actualizar, e tamén inclúe o tempo que o administrador tarde respondendo as preguntas de configuración durante a actualización dos paquetes. Teña en conta que se non esta atento durante o proceso de actualización e o sistema fai preguntas é probable que os servizos non estean dispoñibles [1] durante bastante tempo.

If the system being upgraded provides critical services for your users or the network [2], you can reduce the downtime if you do a minimal system upgrade, as described in Minimal system upgrade, followed by a kernel upgrade and reboot, and then upgrade the packages associated with your critical services. Upgrade these packages prior to doing the full upgrade described in Upgrading the system. This way you can ensure that these critical services are running and available through the full upgrade process, and their downtime is reduced.

4.1.4. Preparase para a recuperación

Inda que Debian intenta que o seu sistema arranque sempre, sempre pode ser que atope problemas ao reiniciar tras unha actualización. Algúns problemas coñecidos están documentados neste e no resto dos capítulos das Notas da Versión.

Por esta razón asegúrese de que é capaz de recuperar o sistema se non o pode arrancar ou, nos sistemas de acceso remoto, non poda conectarte á rede.

Se está actualizando de forma remota a través de ssh recomendámoslle de que tome as precaucións necesarias para poder acceder ao servidor a través dunha terminal remota. Existe a posibilidade de que, tras actualizar o núcleo e reiniciar, deberá arranxar a configuración do sistema dende unha consola local. E, se o sistema se reiniciara durante a instalación, pode ser que teña que arranxar o sistema dende unha consola local.

For emergency recovery we generally recommend using the rescue mode of the trixie Debian Installer. The advantage of using the installer is that you can choose between its many methods to find one that best suits your situation. For more information, please consult the section "Recovering a Broken System" in chapter 8 of the Installation Guide (at https://iwawocd.cewmufwd.tk/releases/trixie/installmanual) and the Debian Installer FAQ.

Se iso falla necesitará outra forme de arrancar o sistema para podelo reparar. Unha forma é usando a imaxe especial de recuperación, ou unha imaxe dun sistema en memoria. Despois de arrancar con iso debería montar o seu sistema de ficheiros raíz e cambiar a el con chroot para investigar e arranxar o problema.

4.1.4.1. Consola de depuración durante o arranque usando initrd

O paquete initramfs-tools inclúe unha terminal de ordes para a depuración [3] nos initrd que xera. Se por exemplo o initrd non é capaz de montar o seu sistema de ficheiros raíz entre nesta consola de depuración, que inclúe comandos básicos, para axudar a discernir o problema e arranxalo.

Cousas básicas a ter en conta: que estean os ficheiros correctos dos dispositivos en /dev, que módulos se cargarán (cat /proc/modules), e a saída de dmesg, para atopar erros ao cargar controladores. A saída de dmesg tamén amosará que ficheiros de dispositivo foron asignados a cada disco; debería contrastalo contra a saída de echo $ROOT para estar seguro de que o sistema de ficheiros raíz está no dispositivo axeitado.

Se non consegue arranxar o problema, escribindo exit sacaralle da consola de depuración e continuará o proceso de arranque dende o punto onde fallou. Por suposto tamén terá que arranxar o problema subxacente e rexenerar o initrd para que non falle no seguinte arranque.

4.1.4.2. Consola de depuración durante o arranque usando systemd

Se o arranque falla con systemd é posíbel obter unha consola de depuración superusuario cambiando a liña de ordes do núcleo. Se se acada un arranque básico pero algúns servizos fallan pode ser útil engadirlle systemd.unit=rescue.target aos parámetros do núcleo.

Se non, o parámetro do núcleo systemd.unit=emergency.target daralle unha consola de superusuario o antes que poida. Porén, isto faise antes de montar o sistema de ficheiros raíz con permisos lectura-escritura. Terá que facelo manualmente con:

# mount -o remount,rw /

Outra opción é activar a "consola de depuración temperá" de systemd, mediante debug-shell.service. No seguinte arranque iniciarase unha consola como superusuario no tty9, moi cedo no proceso de arranque. Isto se pode activar mediante o parámetro de arranque do núcleo systemd.debug-shell=1, ou de forma permanente executando a orde systemctl enable debug-shell. Neste último caso a consola deberá desactivarse tras rematar a depuración.

Pode atopar máis información sobre como depurar un arranque falido con systemd no artigo Freedesktop.org Diagnosticando Problemas de Arranque.

4.1.5. Preparar un ambiente seguro para a actualización

Important

If you are using some VPN services (such as tinc) consider that they might not be available throughout the upgrade process. Please see Prepare for downtime on services.

Para ter un chisco máis de seguridade ao actualizar de forma remota suxerímoslle que execute a actualización nunha consola virtual creada polo programa screen, que permite unha reconexión segura e asegurarse de que a actualización non é interrompida inda que a conexión remota falle temporalmente.

Os usuarios do daemon watchdog, no paquete micro-evtd, deberían parar o daemon e desactivar o temporizador antes da actualización, para evitar un reinicio espurio no medio da actualización:

# service micro-evtd stop
# /usr/sbin/microapl -a system_set_watchdog off

4.2. Comezar a partir dun Debian "puro"

O proceso de actualización descrito neste capítulo foi deseñado para sistemas Debian "puros" e estables. APT controla o que se instala no seu sistema. Se a súa configuración de APT menciona outras fontes, sen contar bookworm, ou se instalou paquetes de outras versións ou de terceiros, deberías pensar en borrar estas posibles molestias para asegurarte de que a actualización non sufra contratempos.

O ficheiro configuración principal que APT usa para decidir de onde debe descargar os paquetes é /etc/apt/sources.list, pero tamén pode usar os ficheiros no cartafol /etc/apt/sources.list.d/ - para máis detalles véxase sources.list(5). Se o seu sistema usa varios ficheiros con listas de fontes deberá asegurarse de que se manteñan consistentes.

4.2.1. Actualizar a 12 (bookworm)

Só se debe actualizar Debian dende 12 (bookworm). Pódese ver a versión de Debian con:

$ cat /etc/debian_version

Please follow the instructions in the Release Notes for Debian 12 at https://iwawocd.cewmufwd.tk/releases/bookworm/releasenotes to upgrade to Debian 12 first if needed.

4.2.2. Actualizar á última versión punto

Este proceso asume que o seu sistema está actualizado á última versión punto algo de bookworm. Se non fixo iso ou non está seguro, siga as instrucións en Actualizando o seu sistema bookworm.

4.2.3. Backports de Debian

Os Backports de Debian, tamén chamadas modernizacións, versións actualizadas retroactivamente ou parches de mantemento; permiten que os usuarios de Debian estable poidan usar versións actualizadas dos paquetes (cunha posíbel mingua na seguridade e comprobación de calidade). O Equipo dos Backports de Debian mantén unha porcentaxe de todos os paquetes da seguinte versión de Debian, axustándoos e recompilándoos para que se poidan usar na versión estable actual.

Os paquetes de bookworm-backports teñen un número de versión menor ca en trixie, para que se actualicen sen problemas a trixie, do mesmo xeito ca os paquetes "puros" en bookworm, ao actualizar a distribución. Inda que non se introducen fallos coñecidos, a actualización dende versións «backports» está menos manido, e, polo tanto, supón un risco maior.

Caution

While regular Debian Backports are supported, there is no clean upgrade path from sloppy backports (which use APT source-list entries referencing bookworm-backports-sloppy).

As with Unofficial sources, users are advised to remove "bookworm-backports" entries from their APT source-list files before the upgrade. After it is completed, they may consider adding "trixie-backports" (see https://backports.debian.org/Instructions/).

For more information, consult the Backports Wiki page.

4.2.4. Preparar a base de datos de paquetes

Debería asegurarse de que a base de datos de paquetes está lista antes de seguir coa actualización. Se es usuario de outro xestor de paquetes, como aptitude or synaptic, revise calquera acción pendente. Un paquete programado para instalarse ou eliminarse pode interferir coa actualización. Teña en conta que corrixir isto só é posible se o seu ficheiro de fontes APT inda fai referencia a "bookworm" e non a "stable" ou "trixie"; véxase Comproba os seus ficheiros de fontes APT.

4.2.5. Eliminar paquetes obsoletos

É unha boa idea <link linkend="obsolete">eliminar os paquetes obsoletos</link> do sistema antes de actualizar. Poden crear complicacións durante o proceso de actualización, e poden converterse nun risco de seguridade ao non ter mantemento.

4.2.6. Eliminar os paquetes non provenientes de Debian

Embaixo hai dúas maneiras de atopar os paquetes que non foran instalados por Debian, usando tanto apt coma apt-forktracer. Teña en conta que ningún dos dous é totalmente exacto (p. e. o exemplo que usa apt amosará os paquetes que Debian deixou de distribuír, como núcleos vellos).

$ apt list '?narrow(?installed, ?not(?origin(Debian)))'
$ apt-forktracer | sort

4.2.7. Eliminar ficheiros de configuración sobrantes

Unha actualización previa pode haber deixado duplicas dos ficheiros de configuración, versións anteriores dos ficheiros, versións engadidas polos mantedores dos paquetes, etc. Eliminar os ficheiros sobrantes desas actualizacións previas axuda a reducir as confusións. Atope tales ficheiros con:

# find /etc -name '*.dpkg-*' -o -name '*.ucf-*' -o -name '*.merge-error'

4.2.8. Os compoñentes non-free e non-free-firmware

Se está a usar "firmware" non libre lle recomendamos que engada non-free-firmware á lista de fontes de APT. Para máis información consulte Áreas do arquivo e O "firmware" non libre moveuse a un compoñente do arquivo separado.

4.2.9. Sección de actualizacións propostas

Se tes unha sección de proposed-updates (actualizacións propostas) no seu ficheiro de fontes APT deberías eliminala antes de actualizar o sistema. Isto reduce a probabilidade de conflitos.

4.2.10. Fontes non oficiais

Se ten algún paquete externo a Debian no sistema pode ser que sexa eliminado coa actualización por culpa de conflito de dependencias. Se estes paquetes foran instalados engadíndolle arquivos ao ficheiro de fontes de APT deberías comprobar se ese arquivo ten paquetes compilados para trixie e axustar a liña correspondente no ficheiro de fontes ao mesmo tempo que as do resto dos paquetes de Debian.

Some users may have unofficial backported "newer" versions of packages that are in Debian installed on their bookworm system. Such packages are most likely to cause problems during an upgrade as they may result in file conflicts [4]. Possible issues during upgrade has some information on how to deal with file conflicts if they should occur.

4.2.11. Desactivar bloqueos no APT

Se configurou APT para que instale algúns paquetes dende distribucións distintas á estable (p. e. dende a de probas), pode ser que teña que cambiar a súa configuración de bloqueo de paquetes (gardada en /etc/apt/preferences e /etc/apt/preferences.d/) para permitir a actualización dos paquetes ás versións na nova versión estable. Para máis información sobre o bloqueo de paquetes consulte apt_preferences(5).

4.2.12. Asegúrese de que ten gpgv instalado

APT precisa de gpgv versión 2 ou posterior para verificar as chaves que usa para firmar as versións de trixie. Como gpgv1 tamén cumpre esa dependencia, inda que só en circunstancias específicas, comprobe que instalou a versión axeitada con:

# apt install gpgv

4.2.13. Comprobar o estado do paquete

Sen importar o método que use para actualizar, recoméndase que se comprobe o estado de todos os paquetes primeiro, e que se comprobe que todos os paquetes se poden actualizar. As seguintes ordes amosarán calquera paquete que estea marcado como parcialmente instalado ("Half-Installed") ou que non se puido configurar ("Failed-Config"), xunto con aqueles que teñan calquera erro.

$ dpkg --audit

Tamén pode consultar o estado de todos os paquetes no seu sistema usando aptitude, ou con ordes tales coma

$ dpkg -l | pager

ou

# dpkg --get-selections '*' > ~/curr-pkgs.txt

Tamén pode usar apt.

# apt list --installed > ~/curr-pkgs.txt

Recoméndase eliminar calquera paquete en espera antes de actualizar. Se calquera paquete necesario para actualización está en espera a actualización fallará.

$ apt-mark showhold

Se quere cambiar e recompilar un paquete de forma local, e non lle cambiara o nome ou lle puxera unha data na versión , terá que mantelo en espera para que non se actualice.

O estado "en espera" dos paquetes de apt pódese cambiar facendo:

# apt-mark hold package_name

Replace hold with unhold to unset the "hold" state.

Se necesita arranxar calquera cousa asegurese de que o seu ficheiro de fontes de APT inda apunta a bookworm, tal coma se explica en Comproba os seus ficheiros de fontes APT.

4.3. Preparar os ficheiros de fontes de APT

Antes de preparar a actualización reconfigure o ficheiro das fontes de APT (/etc/apt/sources.list e os ficheiros en /etc/apt/sources.list.d/) para engadirlle as fontes de |RELEASENAME| e elimine as referencias a |OLDRELEASENAME|.

APT collerá todos os paquetes que poida atopar en todos os arquivos configurados e instalará o paquete co número de versión máis alto, tendo prioridade a primeira entrada dos ficheiros. Iso é, se ten varios servidores espello, poña primeiro os discos duros locais, seguidos polos CD-ROMs, e por último os servidores remotos.

Unha versión pode ser referida indistintamente polo seu alcume (p.e. "bookworm", "trixie") ou polo seu estado (p.e. "oldstable", "stable", "testing", "unstable"). Falar dunha versión polo seu alcume ten a vantaxe de que nunca aparecerá de súpeto unha nova versión, e é polo tanto o que imos facer aquí. Iso tamén significa que tes que buscar ti mesmo os avisos das versións. Porén, se usas o estado apareceranlle moreas de actualizacións para os paquetes tan pronto coma saia a actualización.

Debian ten dúas listas de correo para avisos para axudarlle a manterse ao día da información importante sobre as versións:

4.3.1. Engadir fontes de Internet a APT

Por defecto, nas instalacións novas, APT é configurado para que use o servizo de CDN de Debian, que debería asegurarlle que os paquetes descárganse automaticamente dun servidor preto súa na rede. Como isto é un servizo relativamente novo as instalacións máis vellas inda poden estar configuradas para apuntar a algún dos servidores de Internet de Debian principais ou espello. Se inda non o fixo, recoméndase que use o servizo de CDN no APT.

Para usar o servizo de CDN engádalle á configuración das fontes de APT unha liña semellante a esta (asumindo que usa main e contrib):

deb https://deb.debian.org/debian trixie main contrib

Despois de engadir as novas fontes desactive as liñas "deb" anteriores engadíndolle unha grade (#) diante.

Porén, se se obteñen mellores resultados usando un servidor espello específico que lle queda máis preto na rede, isto inda é posíbel.

As direccións dos servidores espello de Debian pódense atopar en https://iwawocd.cewmufwd.tk/distrib/ftplist (vaia á sección "list of Debian mirrors"/"lista de servidores espello de Debian").

Por exemplo, supoña que o servidor espello que lle queda máis preto é http://mirrors.kernel.org. Se accede a ese servidor cun navegador decataríase de que os principais cartafoles están organizados da seguinte maneira:

http://mirrors.kernel.org/debian/dists/trixie/main/...
http://mirrors.kernel.org/debian/dists/trixie/contrib/...

Para configurar APT para que use un servidor en concreto engádeselle unha liña tal coma (outra vez asumindo que usa main e contrib):

deb http://mirrors.kernel.org/debian trixie main contrib

Fíxese en que "dists" engádese de forma implícita, e os parámetros antes do nome da versión úsanse para expandir a ruta en varios cartafoles.

Igual que antes, tras engadir as novas fontes desactive as fontes previas.

4.3.2. Engadir fontes APT dun servidor espello local

Pode ser que en lugar de usar servidores espello remotos queira modificar o ficheiro de fontes APT para usar un servidor espello nun disco local (probablemente montado usando NFS).

Por exemplo, o seu servidor espello de paquetes pódese atopar en /var/local/debian/, e ten os seguintes cartafoles:

/var/local/debian/dists/trixie/main/...
/var/local/debian/dists/trixie/contrib/...

Para usar isto con apt, engada a seguinte liña ao seu ficheiro sources.list:

deb file:/var/local/debian trixie main contrib

Fíxese en que "dists" engádese de forma implícita, e os parámetros antes do nome da versión úsanse para expandir a ruta en varios cartafoles.

Despois de engadir a nova fonte desactive as fontes previas engadíndolle unha grade (#) diante.

4.3.3. Engadir fontes APT dun medio óptico

Se quere usar DVD (ou CD ou Discos Blu-ray) desactive o resto de entradas no ficheiro de fontes APT engadíndolles diante unha grade (#).

Asegúrese de que hai unha liña en /etc/fstab que lle permite montar o seu disco CD-ROM en /media/cdrom. Por exemplo, se o seu lector CD-ROM é /dev/sr0, deberías ter o seguinte en /etc/fstab:

/dev/sr0 /media/cdrom auto noauto,ro 0 0

Fíxese en que non poden haber espazos entre as palabras do cuarto campo noauto,ro.

Para asegurarse de que funciona insira un CD e tente executar

# mount /media/cdrom    # this will mount the CD to the mount point
# ls -alF /media/cdrom  # this should show the CD's root directory
# umount /media/cdrom   # this will unmount the CD

Despois execute:

# apt-cdrom add

para cada CD-ROM Binario de Debian que teña, para engadirlle a información sobre cada CD á base de datos de APT.

4.4. Actualizar paquetes

A maneira recomendada de actualizar dende as versións de Debian anteriores é usar a ferramenta de xestión de paquetes apt.

Note

apt está preparada para uso interactivo, e non se debe usar en ficheiros de instrucións. Os programas interpretados deberían usar apt-get, que ten unha saída que non varía entre versións e que é máis sinxela de interpretar.

Non se esqueza de montar todas as particións que necesite (especialmente as particións raíz e /usr) como lectura-escritura, cunha orde tal coma:

# mount -o remount,rw /mountpoint

Despois debería comprobar que as entradas no ficheiro de fontes de APT (en /etc/apt/sources.list e os ficheiros en /etc/apt/sources.list.d/) apuntan a "|RELEASENAME|" ou a "stable". Non deberían haber entradas apuntando a bookworm.

Note

As fontes dun CD-ROM pode ser que fagan referencia a "unstable"; inda que poida ser confuso non as cambie.

4.4.1. Gravar a sesión

Recomendámoslle que use /usr/bin/script para rexistrar a actualización. Desa forma se ocorre algún problema terá un rexistro do que ocorreu, e, se é necesario, pode enviar a información exacta nun informe de fallos. Para iniciar o rexistro escriba:

# script -t 2>~/upgrade-trixie-step.time -a ~/upgrade-trixie-step.script

ou semellante. Se ten que volver a executar o rexistro (p.e. se ten que reiniciar o sistema) use diferentes valores para o step para indicar que paso da actualización esta rexistrando. Non poña os rexistros nun cartafol temporal coma /tmp ou /var/tmp, os ficheiros neses cartafoles pode que sexan borrados durante a actualización ou durante calquera reinicio.

The typescript will also allow you to review information that has scrolled off-screen. If you are at the system's console, just switch to VT2 (using Alt+F2) and, after logging in, use

# less -R ~root/upgrade-trixie.script

to view the file.

Despois de completar a actualización pode parar script escribindo a orde exit.

apt tamén rexistra os cambios dos estados dos paquetes en /var/log/apt/history.log e a saída da terminal en /var/log/apt/term.log. dpkg tamén fai iso e, ademais, rexistra os cambios de estado de todos os paquetes en /var/log/dpkg.log. aptitude tamén rexistra os cambios de estado en /var/log/aptitude.

Se usa a opción -t en script pode usar scriptreplay para repetir a sesión enteira:

# scriptreplay ~/upgrade-trixie-step.time ~/upgrade-trixie-step.script

4.4.2. Actualizar a lista de paquetes

Primeiro hai que obter a lista dos paquetes dispoñibles na nova versión. Isto faise executando:

# apt update

Note

Os usuarios de apt-secure poden ter problemas ao usar aptitude ou apt-get. Para apt-get pode usar apt-get update --allow-releaseinfo-change.

4.4.3. Asegúrese de que ten espazo dabondo para actualizar

You have to make sure before upgrading your system that you will have sufficient hard disk space when you start the full system upgrade described in Upgrading the system. First, any package needed for installation that is fetched from the network is stored in /var/cache/apt/archives (and the partial/ subdirectory, during download), so you must make sure you have enough space on the file system partition that holds /var/ to temporarily download the packages that will be installed in your system. After the download, you will probably need more space in other file system partitions in order to both install upgraded packages (which might contain bigger binaries or more data) and new packages that will be pulled in for the upgrade. If your system does not have sufficient space you might end up with an incomplete upgrade that is difficult to recover from.

apt amosaralle información detallada sobre o espazo en disco necesario para a instalación. Antes de comezar a actualización pode ver unha estimación con:

# apt -o APT::Get::Trivial-Only=true full-upgrade
[ ... ]
XXX upgraded, XXX newly installed, XXX to remove and XXX not upgraded.
Need to get xx.xMB of archives.
After this operation, AAAMB of additional disk space will be used.

Note

Ao executar esta orde ao inicio da actualización pode que salte algún erro, por causas descritas nas seguinte seccións. Nese caso terá que esperar ata facer a actualización mínima descrita en Minimal system upgrade antes de executar este comando para estimar o espazo en disco.

Se non ten suficiente espazo para a actualización apt avisaralle con mensaxes coma:

E: You don't have enough free space in /var/cache/apt/archives/.

Neste caso asegúrese de liberar espazo previamente. Pode:

  • Elimine os paquetes que foran descargados previamente para a instalación (en /var/cache/apt/archives). Borrar a caché ao executar apt clean eliminará todos os ficheiros dos paquetes previamente descargados.

  • Borre paquetes esquecidos. Se usou aptitude ou apt para instalar manualmente paquetes en bookworm os programas terán en conta eses paquetes que instalara manualmente, e poderán marcar coma redundantes aqueles paquetes que só foran incluídos por dependencias que xa non se necesitan por que o paquete fora eliminado. Non seleccionaran para que se borren os paquetes que instalara manualmente. Para eliminar os paquetes instalados automáticamente e que xa non se usen execute:

    # apt autoremove
    

    Tamén pode usar deborphan, debfoster, ou cruft para atopar paquetes redundantes. Non borre ás toas os paquetes que lle indiquen estas ferramentas, especialmente se está a usar opcións modificadas e agresivas que poden amosar falsos positivos. Recomendámoslle que revise de forma manual os paquetes que lle suxiran para borrar (p.e. os seus contidos, tamaño e descrición) antes de borralos.

  • Borre os paquetes que usen demasiado espazo e que non necesite (sempre os poderá reinstalar tras a actualización). Se instalou popularity-contest pode usar popcon-largest-unused para amosar os paquetes que non use e que máis espazo ocupan. Pode atopar os paquetes que máis espazo usan con dpigs (paquete debian-goodies) ou con wajig executando wajig size). Tamén pode buscalos con aptitude. Execute aptitude en modo pantalla completa, seleccione Vistas > Nova lista plana de paquetes, prema l e introduza ~i, despois prema S e introduza ~installsize. Isto daralle unha cómoda lista coa que traballar.

  • Elimine traducións e localizacións do sistema se non os necesitas. Pode instalar o paquete localepurge e configuralo para quedar só coas localizacións que queira manter no sistema. Isto reducirá o espazo consumido por /usr/share/locale.

  • Mova de forma temporal, ou elimine, os rexistros do sistema que existan en /var/log/.

  • Use un /var/cache/apt/archives temporal: Pode usar un cartafol temporal doutro sistema de ficheiros coma caché (dispositivos de almacenamento USB, disco duro temporal, sistema de ficheiros xa usado, etc).

    Note

    Non use NFS, posto que a conexión da rede pode interromperse durante a actualización.

    Por exemplo, se usa un dispositivo USB montado en /media/usbkey:

    1. eliminar os paquetes que foran previamente descargados para a instalación:

      # apt clean
      
    2. copiar o cartafol /var/cache/apt/archives ao dispositivo USB:

      # cp -ax /var/cache/apt/archives /media/usbkey/
      
    3. montar o directorio de caché temporal no actual:

      # mount --bind /media/usbkey/archives /var/cache/apt/archives
      
    4. despois da actualización, restaurar o cartafol /var/cache/apt/archives ao seu sitio orixinal:

      # umount /var/cache/apt/archives
      
    5. eliminar os /media/usbkey/archives que queden.

    Pode crear o cartafol de caché temporal en calquera sistema de ficheiros que estea montado no seu sistema.

  • Do a minimal upgrade of the system (see Minimal system upgrade) or partial upgrades of the system followed by a full upgrade. This will make it possible to upgrade the system partially, and allow you to clean the package cache before the full upgrade.

Para poder borrar os paquetes sen problemas recomendámoslle que apuntes as fontes de APT cara bookworm de novo, facendo coma pon en Comproba os seus ficheiros de fontes APT.

4.4.4. Parar de supervisar sistemas

Recomendamos que, como é probable que apt precise parar temporalmente algúns dos servizos en execución no ordenador, que se desactiven durante a actualización todos aqueles servizos que se encarguen de reiniciar outros servizos cando estes rematen. Un exemplo en Debian sería o servizo monit.

4.4.5. Actualización mínima do sistema

In some cases, doing the full upgrade (as described below) directly might remove large numbers of packages that you will want to keep. We therefore recommend a two-part upgrade process: first a minimal upgrade to overcome these conflicts, then a full upgrade as described in Upgrading the system.

Para facer isto primeiro faga:

# apt upgrade --without-new-pkgs

Isto actualiza os paquetes que se poden actualizar sen eliminar ou instalar outros paquetes.

Unha actualización mínima tamén pode axudar cando o sistema teña pouco espazo libre e unha actualización completa non se pode executar por culpa da falta de espazo.

Se o paquete apt-listchanges está instalado coa configuración de fábrica amosará información importante sobre os paquetes actualizados nun paxinador despois de descargar os paquetes. Prema q despois de ler para saír do paxinador e continuar a actualización.

4.4.6. Actualizar o sistema

Unha vez que rematou os pasos anteriores, xa está liso para continuar co principal da actualización. Execute:

# apt full-upgrade

Isto fará unha actualización completa do sistema, instalando as versións dos paquetes máis modernas dispoñibles, e resolvendo todos os posibles cambios nas dependencias entre versións. Se é necesario instalará novos paquetes (normalmente novas versións das bibliotecas, ou paquetes que cambiaron de nome), e eliminar calquera conflito entre paquetes obsoletos.

Cando actualice dun conxunto de CD/DVD/BD é probable que se lle pida que introduza un disco en concreto en diferentes momentos da instalación. Tamén pode ser que teña que introducir o mesmo disco varias veces; isto é por culpa de paquetes relacionados que se atopan en diferentes discos.

Os paquetes cuxas versións máis modernas non se poden instalar sen cambiar o estado doutro paquete deixaranse na versión actual (amosaranse coma "retidos/hold back"). Isto pode arranxarse usando aptitude para elixir os paquetes a instalar, ou tamén se pode intentar facendo apt install paquete.

4.5. Problemas que poden ocorrer durante a actualización

As seguintes seccións describen os problemas que se sabe que poden aparecer durante a actualización a trixie.

4.5.1. Full-upgrade falla e salta con "Could not perform immediate configuration", ou con "Non foi posíbel facer a configuración inmediata"

Nalgúns casos apt full-upgrade pode fallar tras descargar os paquetes con:

E: Could not perform immediate configuration on 'package'.  Please see man 5 apt.conf under APT::Immediate-Configure for details.

Se iso ocorre, pódelle permitir continuar á actualización con apt full-upgrade -o APT::Immediate-Configure=0.

Outra posible solución é engadir temporalmente bookworm e trixie nas fontes de APT e executar apt update.

4.5.2. Eliminacións esperadas

The upgrade process to trixie might ask for the removal of packages on the system. The precise list of packages will vary depending on the set of packages that you have installed. These release notes give general advice on these removals, but if in doubt, it is recommended that you examine the package removals proposed by each method before proceeding. For more information about packages obsoleted in trixie, see Obsolete packages.

4.5.3. Conflitos ou bucles de dependencias

Ás veces é necesario activar a opción APT::Force-LoopBreak en APT para poder eliminar temporalmente un paquete esencial por culpa dun bucle de Conflitos/Predependencias, apt alertaralle disto e cancelará á actualización. Podes evitar isto especificando a opción -o APT::Force-LoopBreak=1 na liña de ordes de apt.

É posible que a estrutura das dependencias dun sistema estea tan corrupto que requira intervención manual. Normalmente isto significa usar apt ou

# dpkg --remove package_name

para eliminar os paquetes culpables, ou

# apt -f install
# dpkg --configure --pending

En casos extremos pode que teña que forzar a reinstalación cunha orde tal coma

# dpkg --install /path/to/package_name.deb

4.5.4. Conflitos de ficheiros

Os conflitos entre ficheiros non deberían ocorrer se actualiza dende un sistema bookworm"puro", pero poden ocorrer se instalou parches de mantemento non oficiais. Os conflitos entre ficheiros causan mensaxes de erro coma:

Unpacking <package-foo> (from <package-foo-file>) ...
dpkg: error processing <package-foo> (--install):
trying to overwrite `<some-file-name>',
which is also in package <package-bar>
dpkg-deb: subprocess paste killed by signal (Broken pipe)
Errors were encountered while processing:
<package-foo>

Podes intentar resolver un conflito entre ficheiros forzando a eliminación do paquete que aparece na última liña da mensaxe de erro:

# dpkg -r --force-depends package_name

Despois de arranxar esas cousas debería poder continuar a actualización coas ordes de apt antes descritas.

4.5.5. Cambios na configuración

During the upgrade, you will be asked questions regarding the configuration or re-configuration of several packages. When you are asked if any file in the /etc/init.d directory, or the /etc/manpath.config file should be replaced by the package maintainer's version, it's usually necessary to answer "yes" to ensure system consistency. You can always revert to the old versions, since they will be saved with a .dpkg-old extension.

Se non se aclarara, escriba o nome do paquete ou ficheiro e resólvao noutro momento. Podes revisar o rexistro de ordes para consultar a información que estaba na pantalla durante a actualización.

4.5.6. Cambiar a sesión á consola

Se está executando a actualización usando a consola local do sistema pode ser que nalgún momento da actualización a consola se mova a unha pantalla diferente e perdas de vista o proceso de actualización. Por exemplo, isto pode ocorrer nos sistemas cunha interface gráfica cando se reinicia o xestor da pantalla.

Para volver á consola onde estaba a facer a actualización use Ctrl+Alt+F1 (na pantalla gráfica de inicio) ou Alt+F1 (nunha consola local de texto) para volver á terminal virtual 1. Substitúa F1 coa tecla función do mesmo número ca o da terminal virtual no que estaba a executarse a actualización. Tamén pode usar Alt+Frecha-Esquerda ou Alt+Frecha-Dereita para moverse entre as diferentes terminais de texto.

4.7. Prepararse para a seguinte versión

Despois da actualización hai varias cousas que pode facer para prepararse para a seguinte versión.

4.7.1. Purgar paquetes eliminados

Recoméndase que purgue os paquetes eliminados. Isto é especialmente importante se os paquetes foran eliminados nunha actualización previa (p.e. ao actualizar a bookworm) ou proviñan de terceiros. En particular, os vellos ficheiros init.d poden dan problemas.

Caution

Purgar un paquete soe tamén purgar os seus rexistros, polo que debería pensar en facerlles unha copia de seguridade antes.

A seguinte orde amosa unha lista de todos os paquetes eliminados que pode que deixaran ficheiros de configuración no sistema:

$ apt list '~c'

Os paquetes poden ser eliminados con apt purge. Se quere purgar todos os paquetes do tirón podes usar a seguinte orde:

# apt purge '~c'

4.8. Paquetes obsoletos

Inda que introduce moitos paquetes novos, trixie tamén elimina e omite varios paquetes vellos que estaban en bookworm. Non hai maneira de actualizar estes paquetes obsoletos. Inda que nada lle impide continuar usando un paquete obsoleto cando queira, o proxecto Debian soe deixar de darlles asistencia de seguridade tras un ano tras a publicación de trixie [5], e non dará outras formas de asistencia técnica entrementres. Recoméndase que se substitúan por alternativas, se existen.

Hai moitas razóns polas que os paquetes poden ser eliminados da distribución: por que a fonte orixinal xa non se encarga deles, por que xa non hai Desenvolvedores de Debian interesados en manter os paquetes, por que a función que realizan foi substituída por programas diferentes ou unha versión nova, ou por que xa non se consideran axeitados para trixie pola cantidade de fallos que teñen. Neste último caso pode que os paquetes inda se atopen na distribución "unstable".

Os "Paquetes Obsoletos e Creados en Local" pódense amosar e eliminar usando as ordes:

$ apt list '~o'
# apt purge '~o'

O Sistema de Seguimento de Fallos de Debian pode dar máis información sobre por que se eliminou un paquete. Deberías revisar, tanto os informes de fallo arquivados do paquete en si, coma os informes de erro arquivados do pseudo paquete ftp.debian.org.

Para unha lista dos paquetes obsoletos en trixie, consulte Paquetes obsoletos importantes.

4.8.1. Paquetes temporais alfaremes

Algúns paquetes de bookworm pode que foran substituídos en trixie por paquetes temporais alfaremes, que son quenta asentos baleiros pensados para simplificar a actualización. Se, por exemplo, unha aplicación que antes estaba nun paquete dividiuse entre varios, pódese crear un paquete alfareme co mesmo nome que o paquete vello e coas dependencias axeitadas para que se instalen os paquetes novos. Despois disto pódese eliminar o paquete alfareme.

As descricións dos paquetes alfaremes soen indicar o seu obxectivo. Porén, non son uniformes; por exemplo, algúns paquetes "alfaremes" están pensados para manterse instalados e instalar a suite de programas completa, ou para apuntar á última versión dalgún programa. Pode usar deborphan coas opcións --guess-* (p.e. --guess-dummy) para detectar os paquetes alfaremes no sistema.