3. Instalación do Sistema

O Instalador de Debian é o instalador de sistemas oficial para Debian. Permite escoller entre unha variedade de métodos de instalación. Os métodos dispoñibles para a instalación no seu sistema dependen da súa arquitectura.

Pódense atopar imaxes do instalador para trixie xunto coa Guía de Instalación na páxina de Debian (https://iwawocd.cewmufwd.tk/releases/trixie/debian-installer/).

A Guía de Instalación tamén se inclúe no primeiro disco do paquete oficial de discos DVD de Debian (CD/Blu-Ray) dispoñible en:

/doc/install/manual/language/index.html

You may also want to check the errata for debian-installer at https://iwawocd.cewmufwd.tk/releases/trixie/debian-installer#errata for a list of known issues.

3.1. Que novidades hai no sistema de instalación?

Houbo moito desenvolvemento no Instalador de Debian dende a versión oficial anterior Debian 12, o que se traduce nunha mellor compatibilidade cos dispositivos e algunhas novas propiedades e melloras.

Se esta interesado nun resumo detallado dos cambios feitos respecto a bookworm consulte o aviso da versión para as versións beta e RC de trixie dispoñibles no rexistro de novas do Instalador de Debian.

3.2. Instalacións dende a nube

O equipo da nube publica Debian trixie para varios servizos coñecidos de computación na nube, incluíndo:

  • Amazon Web Services

  • Microsoft Azure

  • OpenStack

  • MV xenérica

As imaxes da nube provén pancas automáticas mediante cloud-init e priorizan un arranque rápido usando paquetes do núcleo e configuracións do GRUB especificamente optimizados. As imaxes compatibles con diferentes arquitecturas están dispoñibles onde se necesitaren e o equipo da nube pensa en espremer ao límite todas as vantaxes que ofrece o servizo na nube.

O equipo da nube actualizará as imaxes ate o fin do período de mantemento a longo prazo [LTS] de trixie. Normalmente sácanse novas imaxes tras cada nova versión maior e tras cada actualización de seguridade para os paquetes máis importantes. As políticas de mantemento do equipo da nube pódense atopar aquí.

Máis información en https://cloud.debian.org/ e na wiki.

3.3. Contedores e imaxes de Máquinas Virtuais

Están dispoñibles imaxes de contedores de varias arquitecturas con Debian trixie en Docker Hub. Ademais das imaxes normalizadas tamén está dispoñible unha variante estilizada que reduce o uso do disco.

As imaxes de máquinas virtuais para o xestor de MV de Hashicorp Vagrant publícanse en Vagrant Cloud.