Capítulo 1. Introdución

Índice

1.1. Avise de erros neste documentos
1.2. Colaborando con informes de actualización
1.3. Fontes deste documento

O obxectivo deste documento é informar aos usuarios da distribución Debian sobre os principais cambios na versión 12 (alcumada bookworm).

As notas da versión conteñen máis información sobre como se pode actualizar de forma segura dende a versión 11 (alcumada bullseye) á versión actual e informan aos usuarios dos posibles problemas que se sabe poden ocorrer.

Podes obter a última versión deste documento en https://iwawocd.cewmufwd.tk/releases/bookworm/releasenotes.

[Cuidado]Cuidado

Teña en conta que é imposible amosar todos os problemas que se coñecen, polo que foi necesario facer unha selección baseándose na probabilidade de que ocorran e o seu impacto.

Lembre que só lle damos asistencia técnica para actualizar dende a versión de Debian anterior (neste caso, actualizar dende bullseye). Se necesitas actualizar dende versións anteriores, suxerímoslle que lea as edicións anteriores das notas da versión e actualice antes a bullseye.

1.1. Avise de erros neste documentos

Probamos todos os diferentes pasos descritos neste documento para realizar a actualización e intentamos anticiparnos a todos os problemas que se poidan atopar os nosos usuarios.

De todas formas se vostede cre que atopou un fallo (información errónea ou ausente) nesta documentación, por favor abra unha petición no sistema de seguimento de fallos sobre o paquete release-notes. Revise os informes de fallos anteriores en caso de que alguén xa informara sobre o problema que atopou. Engada sen medo nova información aos informes xa existentes se pode contribuír con contido para este documento.

Agradecémoslle, e animámoslle a, que engada parches nas fontes do documento xunto cos informes. Pode obter máis información de como obter as fontes deste documento en Sección 1.3, « Fontes deste documento ».

1.2. Colaborando con informes de actualización

Toda colaboración por parte dos usuarios relacionada coas actualizacións dende bullseye a bookworm é benvida. Se esta disposto a compartir información por favor abra unha petición no sistema de seguimento de fallos sobre o paquete upgrade-reports coas súas achegas. Pedímoslle que comprima todos os ficheiros que engada (usando gzip).

Por favor inclúa a seguinte información cando envíe o seu informe de actualización:

  • O estado da súa base de datos de paquetes antes e despois da actualización: O estado da base de datos de dpkg pódese obter dende /var/lib/dpkg/status; tamén engada o estado dos paquetes de apt, indicado en /var/lib/apt/extended_states. Debería ter feito unha copia de seguridade antes de actualizar, tal como se indica en Sección 4.1.1, « Faga copias de seguridade dos seus datos e configuracións », pero tamén pode atopar copias de seguridade de /var/lib/dpkg/status en /var/backups.

  • Os rexistros da sesión creados con script, tal como se indica en Sección 4.4.1, « Gravar a sesión ».

  • Os seus rexistros de apt, dispoñibles en /var/log/apt/term.log; ou os rexistros de aptitude, dispoñibles en /var/log/aptitude.

[Nota]Nota

Debería revisar con calma e eliminar calquera información persoal e/ou confidencial dos rexistros antes de incluílos no seu informe de fallos, posto que a información publicarase nunha base de datos pública.

1.3. Fontes deste documento

As fontes deste documento están en formato DocBook XML. A versión HTML é xerada con docbook-xsl e xsltproc. A versión en PDF xérase usando dblatex ou xmlroff. As fontes das Notas de Versión atópanse no repositorio Git do Proxecto de Documentación Debian. Pode usar a interface na rede para acceder aos ficheiros individuais a través da rede e ver os seus cambios. Para máis información sobre como acceder a Git consulte as páxinas de información sobre SCV do Proxecto de Documentación Debian.